Friday 10 de May de 2024

O libro Poemas no poemas, de Concepción Barreiro, preséntase na Pobra


No 17 de decembro procederase no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, ás 20.00 horas, coa presentación do libro Poemas no poemas, de Concepción Barreiro González, cuxa vida se desenvolve entre ámbalas bandas da ría da Arousa: A Pobra e Vilagarcía. Dedícase á educación, traballando actualmente no IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, pero xa se ten mergullado en distintos proxectos artísticos, tales como exposicións de pintura, tanto colectivas coma individuais, se ben este é o seu primeiro libro.

Esta obra é a necesidade de amosa-lo interior da autora nun momento determinado da súa vida e está cheo de confesións, sentimentos, reflexións, bágoas, sorrisos, agradecementos e, sobre todo, sinceridade. Xorde directamente da alma despois dun período de reflexión na súa vida. Así, Poemas no poemas nace dunha pura necesidade de sobrevivir para poder seguir vivindo.

A entrada ao acto é de balde e ata completa-la cabida.